Noticias

VEGALSA-EROSKI CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NAS SÚAS TENDAS

14/05/2019

·Cunha tirada especial de 1.256.000 bolsas da compra, dispoñibles nos establecementos das súas enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski

·A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski dá a coñecer tamén a figura de Antonio Fraguas nas 152 tendas propias da súa rede comercial en Galicia cunha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos sobre o autor

O compromiso co idioma e a cultura galega son un dos valores esenciais da compañía que se expresan tanto nas súas tendas e marca propia como nas súas colaboracións e patrocinios

Santiago, 13 de maio de 2019.- A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase un ano máis á conmemoración do Día das Letras Galegas, fiel ao seu compromiso coa cultura e idioma propios. Faino trasladando esta festividade as súas bolsas da compra, cunha tirada especial de 1.256.000 unidades cun fragmento dunha das obras de Antonio Fraguas, a quen se lle dedica este 17 de Maio, a disposición dos clientes nos supermercados das súas enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski.

Ademais a compañía implica ás tendas propias da súa rede comercial en Galicia, que suman 152 supermercados e hipermercados, na homenaxe que rende a Antonio Fraguas, colocando nestes establecementos material promocional e divulgativo sobre o autor, tras realizar unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos sobre a súa figura coa imaxe elaborada por un dos alumnos do CEPI Xesús San Luís Romero en Carballo, A Coruña.

A compañía quixo formalizar o seu compromiso coas Letras Galegas, organizando un acto conmemorativo no seu supermercado Eroski Center da Choupana, en Santiago de Compostela, a través dunha pegada simbólica de carteis na que participaron a directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; o director da liña de Negocio Eroski/Center e Hipermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez, e o director de Marketing, Julián Hernández, acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; polo secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e polo representante da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Lino Lema.

"Un ano máis celebramos o noso tradicional acto de conmemoración das Letras Galegas reforzando o noso compromiso con Galicia e coa súa lingua. Neste día que conmemoramos a Antón Fraguas sumámonos ao homenaxe que a Real Academia Galega lle fai a este autor ao consideralo como unha imaxe de memoria, cultura e lingua do pobo, por ser unha das persoas que máis tempo dedicou a recoller, sistematizar e dar a coñecer esta riqueza”, explicou Florentino Vázquez durante a súa intervención no acto.

Unha empresa con identidade propia

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os elementos propios da identidade galega reflíctese no seu plantel, conformado por máis de 6.000 traballadores, e na súa firme aposta polos provedores galegos.

Tamén nas súas tendas, incluíndo a rotulación en galego; na súa comunicación comercial, en galego, e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúan á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas ou a participación no Correlingua de diversas localidades como Vigo, Viveiro o Ribadeo .

Un apoio ao fomento do idioma propio que se traslada tamén á cultura galega a través da colaboración na difusión do teatro galego, protagonista da felicitación do seu último anuncio de Nadal, a través de Eroski Paraíso. Un compromiso que tamén puxo de manifesto en Nadal de 2017, contando coa participación do grupo musical De Vacas e da CompañíaNova Galega de Danza.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 264 establecementos entre propios e franquiciados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división Cash Record de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

 volver

Area de prensa

Comunicados

Contacto

Directora de comunicación y RRII

Gabriela González
Edificio Vegalsa-Eroski
C/ Gambrinus, 9-11, Polígono de Agrela
15008 - A Coruña
ESPAÑA

Tel. +34 981 179 300
Fax: +34 981 179 350

atencionalcliente@vegalsa.es