Noticias

VEGALSA-EROSKI FELICITA O NADAL CUNHA HOMENAXE AO TEATRO GALEGO

07/12/2018

·Baixo o lema "Comparte a maxia”, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski aposta un ano máis pola cultura galega para a súa campaña de Nadal

·A compañía de Teatro Chévere convértese en protagonista do seu novo anuncio, enchendo de maxia un dos seus supermercados cunha compra de Nadal moi especial

·A rodaxe tivo como escenario o emblemático teatro Colón da Coruña e o Eroski/Center de Betanzos

A Coruña, 07 de decembro de 2018.- A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski quere felicitar este ano o Nadal cunha homenaxe ao teatro galego e faino baixo o lema "Comparte a maxia”, co que reforza ademais a súa aposta pola cultura galega.

A Compañía de Teatro Chévere, premio nacional de teatro 2014, convértese así na protagonista do seu novo anuncio, no que unha familia moi especial, a familia Chévere, enche de maxia un dos seus supermercados cunha compra de Nadal moi especial. A rodaxe tivo como escenario o emblemático teatro Colón da Coruña e o Eroski/Center de Betanzos.

A emisión do anuncio, que se estreou oficialmente onte 6 de decembro, estará dispoñible para a súa visualización e distribución na web: www.unnovoxeitodefacergalicia.com

Campaña "Comparte a maxia”

A campaña "Comparte a maxia” conta, ademais, con diversos contidos online onde se poden atopar desde entrevistas a Miguel de Lira e a Patricia de Lorenzo, integrantes de Chévere e protagonistas tanto do anuncio de Vegalsa-Eroski como da obra teatral Eroski Paraíso, a sorteos de 50 pescadas e 50 entradas para as súas próximas funcións en Vigo, Pontevedra e Teo, felicitacións de Nadal online, o Making of do spot e algunha sorpresa máis.

Os máis de 6.000 traballadores de Vegalsa-Eroski queren felicitar estas festas a todos os galegos e desexarlles un 2019 cheo de novos proxectos e novas formas de entender a realidade do noso tempo. Por unha Galicia moderna e innovadora, aberta ao mundo. Comparte a maxia!

Datas da función ‘Eroski Paraíso’

As entradas que se sortean para ver a obra de teatro Eroski Paraíso serán para as funcións que terán lugar no Auditorio Abanca de Vigo o 18 de xaneiro e 19 de xaneiro no Auditorio Abanca de Pontevedra; e os días 25, 26 e 27 de xaneiro no auditorio Constante Liste en Teo.

Aposta pola cultura propia

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, que na súa campaña de Nadal do ano pasado contou coa participación do grupo musical De Vacas e da Compañía NovaGalega de Danza, continúa colaborando nesta edición con destacados artistas galegos nunha clara aposta pola cultura propia.

Este compromiso con Galicia forma parte dunha filosofía empresarial baseada no valor da produción local, os produtos de proximidade e os alimentos frescos de tempada, claves para garantir a sustentabilidade da economía, a cultura e a paisaxe da nosa contorna. Por iso é polo que en Vegalsa-Eroski, a metade dos seus provedores son pequenos produtores locais e rexionais.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 264 establecementos entre propios y franquiciados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski/City e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservicios Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

 volver

Area de prensa

Comunicados

Contacto

Directora de comunicación y RRII

Gabriela González
Edificio Vegalsa-Eroski
C/ Gambrinus, 9-11, Polígono de Agrela
15008 - A Coruña
ESPAÑA

Tel. +34 981 179 300
Fax: +34 981 179 350

atencionalcliente@vegalsa.es